Festas da Xunqueira 2017

Facebooktwittergoogle_plusmail

As Festas da Xunqueria son un dos atractivos do verán na Costa da Morte. Este ano serán os días 12, 13, 14 15, e 16 de agosto. A presentación do cartel tivo lugar esta mañá da man do alcalde de Cee, Ramón Vigo, a concelleira de Cultura, Deporte e Tempo Libre, Camola Díaz, e o presidente da Comisión de Festas, Paco Brea.

O punto de partida porao, nesta ocasión, a deportista ceense, Susana Gómez Castiñeira. Moi coñecida por todos os veciños, Susana participa en “trails” extremos como a Rovaniemi 150 de Finlandia na que foi a primeira española en acadar a meta tras percorrer a pe os 565 km de xeo e neve que conforman a proba. Tamén acaba de presentar o seu primeiro libro no que conta as súas experiencias no mundo do deporte extremo.

O día seguinte, 13 de agosto, virá marcado pola cor negra, xa que será Iria Mejuto da man de “Black”, a que fará bailar e sentir a todolos ceenses e visitantes a través da súa música soul. Tras o éxito do ano pasado nun concerto en versión dúo, este ano veñen dispostos a repetir coa banda enteira acompañando a cantante galega de música negra. A horas máis tempranas o desfile tradicional de xigantes e cabezudos percorrerá o concello acompañado dun grupo de gaitas.

O día 14 o rock&roll chegará a Cee da man de Trogloditas. A banda, traerá os seus clásicos de sempre como “Cadillac Solitario” ou “La mataré” mesturados con temas novos. Tras o seu concertó será o turno da máis que coñecida disco móvil ceense CDC.

O día grande da Xunqueria, 15 de agosto,comezará con actos litúrxicos e relixiosos seguido do concertó da Banda de Música de Cee na Alameda. A sesión vermú será da man da orquestra Trébol que estará acompañada polas rúas das charangas NBA e O Rumbo. Como cada ano, Cee vibrará cos fogos de artificio no Paseo do Alcalde Pepe Sánchez. Un espectáculo incomparable polo marco no que se desenvolve, a nosa ría. Nesta xornada, a música seguirá soando de noite coas orquestras Trébol e Royal Espectáculos.

As celebracións de San Roque, o día 16, estarán marcadas pola presencia de Rosana. A cantante canaria chegará a Cee coa súa voz rota para presentar o seo novo disco “En la memoria de la piel” que combinará con clásicos como “El Talismán” ou “Si tu no estás aquí”. O concertó forma parte da súa xira Rosana Tour 2017. A artista estará flanqueada pola orquestra Esencia que tamén levará a sesión vermú. A Banda Santa Cruz de Rivadulla e a orquestra Esencia serán tamén parte importante da xornada.

Pasarrúas, concertos, atraccións, fogos artificiais, bandas… Unha Xunqueria das de toda a vida que, en plabras do alcalde, “nesta ocasión é máis económica”. O presuposto rondará os 90000€ entre aportación do concello, do comercio local, peditorio e tasas de feirantes. Ademáis, a Deputación da Coruña aporta alguna das actuacións coma Black ou a Banda Santa Cruz de Rivadulla.

Un reforzo do operativo de limpeza específico para as festas percorrerá as rúas de Cee, como cada Xunqueira, para que todo luzca como novo en cada nova xornada.

12 comentarios en “Festas da Xunqueira 2017

    • Hola Patricia. Los conciertos serán, como siempre, en la plaza 8 de Marzo, enfrente de la Casa Consistorial. En cuanto a los horarios, dependerán del concierto en concreto, pero pronto subiremos la programación definitiva de las fiestas con los horarios de cada uno de ellos. Gracias por tu consulta.

Deixa un comentario