Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Cee

A Escola Municipal de Música de Cee xa ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2016/2017. O prazo rematará o próximo 23 de setembro.

Os alumnos teñen a posibilidade de tomar clases de teoría, instrumento, linguaxe musical ou, no caso dos máis pequenos, música activa. Xa dende os 5 anos, pódese aprender a tocar o violín e, a partires dos 7 anos, a lista exténdese a acordeón, frauta, guitarra, percusión, trombón, trompeta, clarinete, gaita, piano, saxofón, trompa e tuba-bombardino. A propia escola ten instrumentos de préstamo que os alumnos interesados poden solicitar.

Por outra banda, cabe salientar que na Escola hay un grupo de Pop-rock e un grupo de Folk, ademáis da Banda Municipal, nos que os alumnos poden participar.

A matrícula é de 20€ e os horarios quedarán fixados en outubro.

Descarga aquí o impreso de matrícula e as condicións xerais. Máis información nas Oficinas do Concello de Cee.

TurismoCee