Campaña sobre reciclaxe en Cee e Lires

Facebooktwittergoogle_plusmail

O domingo, 22 de xaneiro, os ceenses temos unha cita coa reciclaxe a través da campaña “Isto non é unha lata” de Sogama, Ecoembes e a Xunta de Galicia.

Este programa busca concienciar aos cidadáns e fomentar as boas prácticas no tratamento de residuos o que ofrece novas oportunidades de acadar beneficios tanto ambientais como económicos.

A cita terá lugar en Cee e Lires de forma diferenciada:

En Cee haberá unha aula móbil informativa que estará ubicada na Praza do Concello o domingo 22 de xaneiro de 11 a 14h.

No caso de Lires, a campaña estará presente a través da Asociación Pedras Miúdas e será unha charla formativa. Será na Casa da Cultura de Lires, o domingo 22 de xaneiro de 17 a 18h.

Deixa un comentario