Centro social do Concello de Cee

Facebooktwittermail

Onte, no Centro Social tivo lugar a entrega de diplomas do curso Iniciación a Internet que realizaron quince usuarios do centro. No mesmo acto, a concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, Mª do Pilar Iglesias Lema, anunciou a programación para os próximos meses que é a que se detalla a continuación:

  • Curso Iniciación a Internet, destinado para todos aqueles usuarios do Centro Social que non tiveron praza no anterior curso. A prazas restantes serán completadas con todas aquelas persoas interesadas na realización do dito curso. Duración: 1 mes repartido en 4 días (2 horas diarias). Datas: 2, 9, 16 e 23 de marzo.
  • Entroido Centro Social 2016. Festa temática con degustación de produtos típicos do Entroido e actuación. Data: 5 de febreiro. Lugar: Centro Social. Hora: 18.30
  • Excursión ás termas de Outariz (Ourense). Destinada a todos os veciños. Data: 27 de febreiro. Hora: Saída ás 15 horas. Prezo: 10 euros (adultos); 5 euros (nenos). As persoas interesadas deberán apuntarse nos Servizos Sociais do concello (as prazas asignaranse por orden de anotación. Mínimo 39 persoas). Esta excursión realizarase unha vez ao mes ata o mes de maio.
  • Curso de ioga para usuarios do Centro Social. Data: Os luns 15, 22 e 29 de febreiro e o 7, 14 e 28 de marzo. Hora: 18:00 – 18:45.
  • Xogos de mesa para usuarios do Centro Social. Data: Os venres 20 e 27 de febreiro e o 5, 12 e 19 de marzo. Hora: 17:00 – 18:00.
  • Curso Navegar por Internet para usuarios do Centro Social. Data: Os luns 15, 22 e 29 de febreiro e o 7, 14 e 28 de marzo. Hora: 16:30 – 17:30.