Ponencia “Cómo mellorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos”

Facebooktwittergoogle_plusmail
A xornada sobre “Como mellorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos” terá lugar o mércores, 17 de outubro, no Salón de Plenos do Concello de Cee. A data límite para inscribirse será o mesmo día ata as 13h.

 O vindeiro mércores, 17 de outubro de 2018, a Cámara de Comercio de A Coruña ofrecerá en Cee este taller que se enmarca dentro do Programa de Competitividade Turística. Será unha ponencia de carácter práctico e ameno con exemplos de iniciativas turísticas. Está dirixido a empresarios do sector turístico (servizos de aloxamento, restauración, hostelería, operadores de transporte, actividades de ocio, etc) así como ao público en xeral co obxectivo de que se mellore a experiencia do cliente e contribuir así á calidade do destino turístico Costa da Morte.
A xornda, cofinanciada pola Unión Europea, terá unha duración de dúas horas e media e será impartida por álvaro Dominguez Loureiro e Borja Pérez (Tangram Estudio Creativo)
 
A matrícula é gratuíta pero as prazas son limitadas. Se desexas acudir, debes inscribirte na Cámara de Comercio de A Coruña no 981 216 072 ou en formacion@camaracoruna.com antes do día 17 de outubro ás 13h.
Xornada
“Cómo mellorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos”
Salón de Plenos do Concello de Cee
17 de outubro de 2018, de 17 a 19:30h

Deixa un comentario