Proceso para a acreditación de competencias profesionais. Convocatoria Xaneiro 2016. (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).
ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. (DOG 8 xaneiro 2016)
Obxecto: o obxecto da acreditación de competencias é avaliar e acreditar as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:
Familias convocadas e prazos de inscrición:
Prazo de presentación de solicitude: Do 11/01/2016 ao 05/02/2016
Familias:
- Administración e Xestión
- Agraria
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e a comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos
Máis información:
http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion-competencias-2016-0
Servizo de Orientación Laboral Concello de Cee (2º andar do Concello)