Taller Literario en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

“Lectura cun propósito” é un taller literario que se impartirá en Cee os días 8, 15, 22 e 28 de novembro de 2018. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro.

Os días 8, 15, 22 e 28 de novembro, de 17:30 a 19:00 horas, terá lugar na Sala de Conferencias da Casa da Cultura do Concello de Cee un Taller literario para adultos que leva por título “Lectura cun Propósito”, impartido pola Licenciada en Educación, Esperanza Ramírez Nieto.  

O obxectivo do Taller é crear un espazo literario que desenvolva o gusto pola lectura, ademais do exercicio mental, xa valioso, que é ler. As persoas interesadas en asistir teñen de prazo ata o 5 de novembro para facer a súa  inscrición na Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee. 

Deixa un comentario