III Campaña de recollida de xoguetes e libros «Xogamos no Nadal»

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Nadal é tempo de reencontros, de ilusión e felicidade. Desgraciadamente, moitos nenos e nenas do noso concello, non poderían disfrutar de esta época sin a axuda dos demáis ceenses. Por iso, os Servicios Sociais do Concello de Cee dende a Concellería de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade, lanzan a súa III Campaña de recollida de xoguetes e libros “Xogamos no Nadal”.Porque o Nadal tamén é tempo de solidariedade e os Reis Magos precisan da axuda de todos para facer chegar a estes nenos e nenas os xoguetes e libros que merecen. ¿Xogas con nós?

Si queres axudarnos a xogar, só tes que levar os xoguetes e os libros novos ou en bo estado á planta baixa do Concello de Cee en horario de 8:30 a 10:00h ata o próximo 16 de decembro.