Axuda económica-tarxeta benvida para nenos e nenas nados no 2016

Facebooktwittergoogle_plusmail

Tipo de axuda:

  • A razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do neno ou nena.
  • A axuda farase efectiva, a través dunha “tarxeta benvida“, que só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan fillos ou fillas nados entre o 1 de xaneiro do 2016 e o 31 de decembro do 2016.

Documentación a entregar:

  • Libro de familia ou certificación do rexistro civil.
  • Certificado de empadroamento colectivo.
  • Solicitude cumprimentada en impresos oficiais.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Dous meses contados, a partir do día seguinte ao nacemento.

Máis información e trámite de solicitudes, nos servicios sociais do Concello de Cee.