25N. Cee en Negro

O Concello de Cee súmase outro ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero “En Negro contra as Violencias”, á que actualmente están adheridos 97 entidades locais e tres deputacións provinciais.

A concelleira de Igualdade, Pilar Iglesias Lema en colaboración co CIM, explica que “o obxectivo desta campaña é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, polo que invitamos a participar ao tecido asociativo, económico, cultural, deportivo e social de Cee para dar unha resposta colectiva ante as violencias”. Con esta campaña, o Concello de Cee busca tinxir de negro todo o municipio a través dos escaparates dos comercios, dos manequíns, da roupa de traballo, desde o día 19 ata o 25 de novembro.

O Concello de Cee anima a todas as persoas e establecementos que queiran participar que acudan a unha reunión o día 13 a partir das 20:00h no SALÓN DE ACTOS do Concello para informarse e recoller o material.

Na páxina web “ennegrocontraasviolencias.gal“ pódense consultar todos os municipios participantes nesta nova edición que será a cuarta.
Ademáis, o CIM do Concello de Cee organiza diferentes actividades arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Charlas, documentais, contacontos… e, por suposto, a Concentración e Lectura do Manifesto que se fai cada ano e na que rogamos se acuda con vestimenta negra para dar maior visibilidade ao encontro:

“ACTIVIDADES: 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2018”

A SEMANA DO 19 AO 23 DE NOVEMBRO:

Cee se viste de negro: CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

DÍA 29 OUTUBRO

“NAS TIC MANDAS TI” (Subvencionado pola Deputación A Coruña). Alumnado de 4º da ESO do IES Fernando Blanco e Agra de Raíces.

DÍA 9 NOVEMBRO

Estreo do Documental “NOETIÑA, AS MULLERES E O MAR NA COSTA DA MORTE”  ás 20:15h ao que están convidadas todas as persoas que desexen asistir. (Trata das dificultades que atopanas mulleres para traballar no mar)

DÍA 20 NOVEMBRO

A HISTORIA EN FEMININO (contacontos) con Ana Hermida  ás 10:30h

Alumnado de educación infantil do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial Mouzo. EEI de Pereiriña e CEIP Igrexa de Brens. 

DÍA 21 NOVEMBRO 

Contacontos “ A HISTORIA EN FEMININO” con Ana Hermida ás 10:30h

Alumnado de 1º,2º,3º de primaria do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial Mouzo. 

DIA 23 NOVEMBRO

CONCENTRACIÓN e LECTURA DO MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO ás 12:00h no AUDITORIO BALDOMERO CORES na CASA DE CULTURA. (A poder ser con roupa negra)

NOVEMBRO E DECEMBRO

CHARLAS novembro e decembro: “CIBERACOSO E SEGURIDADE NAS REDES”.

Docente Iria Piñeiro. Alumnado de 1º ESO IES Agra de Raíces, Fernando Blanco e CPR Manuela Rial Mouzo e 6º de educación primaria do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial Mouzo

DÍA 11 de febreiro 2019

 “AGRESIÓNS SEXUAIS E VIOLENCIA SEXUAL” (subvencionado pola SXI e FEGAMP).

Alumnado de 1º de bacherelato do IES Agra de

Deixa un comentario

TurismoCee