Axudas para a instalación de ascensores

A Xunta de Galicia lanza, por primeira vez, un plan de axudas específico para a instalación de ascensores en edificios que carecen del. O prazo rematará o 2 de novembro e o importe da subvención será do 60 % da factura final, sen incluir os gastos derivados de impostos, tasas e tributos.

A convocatoria, que supón unha aportación global de 1,3 millóns de euros, era moi esperada por propietarios e comunidades polo que se prevé que se agote en poucos días. Pero non só se poderán beneficiar dela as comunidades de propietarios senón que a poderán solicitar tamén aqueles propietarios de vivendas unifamiliares que cumplan os requisitos.

O reparto das axudas se organiza por estricto orden de solicitude, e serán os propietarios e as comunidades os que deberán cursala a través da administración electrónica da Xunta de Galicia.

Aquí tes a convocatoria con toda a información:

Deixa un comentario

TurismoCee