Cee en negro contra as violencias

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee se suma á campaña “En negro contra as violencias” e convida ao comercio local e aos veciños a sumarse a esta iniciativa co fin de dar visibilidade á situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Coincidindo co “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres”, que se celebra o 25 de novembro, o Concello de Cee únese a outros 62 concellos galegos na campaña “En negro contra as violencias” que busca vestir as vilas galegas de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sufren violencia.

Dende o departamento que dirixe Pilar Iglesias, concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, ponse en marcha este proxecto coa colaboración do CIM. Consideran que a situación require dunha resposta da sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.

Así, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres”, convidan aos veciños de Cee a participar desta iniciativa vestindo Cee de luto o día 25 de novembro. A nivel particular, os ceenses poden colgar nas súas ventás prendas ou crespóns de cor negra para solidarizarse con todas as mulleres, fillas e fillos que sufren calquera forma de violencia.

No caso do comercio local, tamén poden colaborar con esta iniciativa sumándose os días 23, 24, 25 e 26 de novembro, e vestindo os seus escaparates de negro como sinal de protesta e apoio ás víctimas. Ademáis, o CIM pon a disposición de quen os precise materiais e imprimibles para a decoración en negro de escaparates locais.

 

Esta campaña desenvolveuse por primeira en vez en Santiago de Compostela no ano 2015 e cada vez son máis os concellos e comercios que optan por participar, chegando a tingur de negro a xeografía galega.

 

 

Nós, os ceenses, tamén podemos poñer o noso gran de area nesta loita.

As personas que o desexen poden achegarse ao Concello de Cee para recibir máis información ou remitir un correo a cim@concellocee.es ou podes descargar o material en ennegrocontraasviolencias.gal

 

Deixa un comentario