Charla sobre o Plan contra a vulnerabilidade enerxética en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

Os días 25 e 26 de outubro terá lugar en Cee unha Charla sobre o Plan contra a vulnerabilidade enerxética impartida pola Fundación Gas Natural Fenosa coa colaboración do Concello de Cee.

Segundo a ONU, a pobreza convive diariamente con 836 millóns de persoas no mundo. Entre as súas manifestacións inclúese a fame, a malnutrición, o acceso limitado á educación ou a outros servizos básicos, como a luz, o gas ou o agua. Esta última vertente é o que chamamos “pobreza enerxética” e afecta a 5,1 millóns de persoas do noso país.

Ante esta situación, Gas Natural Fenosa é la primera energética española que ten desenvolto un Plan de Vulnerabilidade co obxectivo de axudar a ese porcentaxe de persoas que non poden facer frente ao pago das súas facturas. Para elo, invertirá 4,5 millóns de euros anuais nun proxecto que consta de máis de 20 medidas destinadas a mellorar a situación dos clientes vulnerables e a fortalecer a colaboración e comunicación coas administracións e as entidades sen animo de lucro. Unha destas medidas é a emisión de cursos e seminarios por toda a xeografía española. Un é o que se desenvolverá en Cee os días 25 e 26 de outubro.

Temario da charla:

  • Enerxía no fogar

Tipos de enerxía no fogar

Dónde utilizamos a enerxía no fogar: qué gasta cada actuación o equipo.

  • Dónde podo actuar:

Factura:

– Entender os principais conceptos dunha factura. Exemplos de facturas.

– Optimización da factura: potencia, tarifa de acceso…

Vivenda:

– Consellos fáciles, sin inversión ou con inversión moi pequena, que optimizan o consumo.

Hábitos de consumo eficientes.

Qué facer ante un impago de factura.

  • Axudas:

Bono social: ¿Qué é? ¿Quén pode beneficiarse? ¿Cómo solicitalo?

Outras axudas públicas.

Haberá dúas quendas para a charla, cun máximo de 20 persoas en cada unha.

  • Usuarios do Centro Social: 25 de outubro ás 10:30h
  • Poboación xeral: 26 de outubro ás 18:30h

Serán no Salón de Plenos do Concello de Cee.

Inscripción e información  no Centro Social e na Educadora Familiar.

Deixa un comentario