Conferencia: “Empoderamento da Muller con Cancro de Mama”

O Servizo de oncoloxía médica do CHUAC coa colaboración da Deputación da Coruña organiza en varias cidades da provincia unha serie de conferencias orientadas ás mulleres con cancro de mama que chegarán a Cee o xoves, 27 de setembro.

O programa de “Empoderamento da muller con cancro” nace co obxectivo de dar voz ás mulleres que teñen padecido ou padecen cancro de mama. Gracias a estos encontros poden poñer en común as súas experiencias, compartir con outras mulleres os seus sentimentos e, en definitiva, a súa enfermidade e como a superaron. A mujer que sufre ou ten sufrido un cancro de mama debe empoderarse, non debe esconderse e facerse débil por iso.
O programa consiste nunha serie de charlas que tratan a problemática do cancro de mama a través dunha visión multidisciplinar e tendo en conta diferentes puntos de vista. Foi posto en marcha grazas ao apoio da Deputación da Coruña, que confiou no Dr Aparicio, xefe do servizo de oncoloxía do CHUAC e na Secretaría técnica de PuntoUPArte para executalo. A través da súa experiencia, este grupo de destacados profesionais médicos imparten charlas neste completo programa no que tratan temas como a alimentación, a fisioterapia, as relacións de parella, etc…todos enfocados ao día a día das pacientes con cancro.
A sesión de CEE é xa a terceira da programación,  a primera tivo lugar no Pazo de Mariñán, a segunda no Fórum de Carballo e la última se levará a cabo no Teatro Colón de A Coruña, na que pretenden que sexa unha reunión multitudinaria á que asistan moitas mulleres tanto da cidade como dos concellos colindantes.
  “Empoderamento da Muller con Cancro de Mama”  en Cee
Xoves, 27 de setembro de 2018
16 a 20h
Casa da Cultura

PROGRAMA

** O teléfono que aparece no cartel é incorrecto. Para apuntarse debe chamar ao TELÉFONO CORRECTO: 680.32.23.50 ou asistir directamente á Casa da Cultura de Cee.

  • Benvida

15:45 – 16:00h

  • Empoderamento da muller

16:00 – 16:30h.

Docente: Shalom rivera Lara, enfermeira

  • Epidemioloxía do cancro de mama

16:30 – 17:00h

Docente: Silvia Antolín Novoa, oncóloga

  • Sexualidade/fertilidade/embarazo e cancro de mama

17:00 – 17:30h

Docente: Carlota Díaz Carballada, xinecóloga

  • Aspectos psicolóxicos do cancro de mama

17:30 – 18:00h

Docente: María Comillas de la Vega, psicóloga

  • Impacto social do cancro de mama na muller

18:00 – 18:30h

Docente: Luz Campello García, socióloga

  • Fisioterapia no cancro de mama

18:30 – 19:00h

Docente: Julio Aparicio Gallego

  • Coidados da pel e anexos

19:00 – 19:30h

Docentes: Jesús del Pozo Losada, dermatólogo

  • Cancro familiar

19:30 – 20:00h

Docente: Begoña Graña Suárez, oncóloga

  • Clausura

Para asistir podes inscribirte a través da APP EMCM18 dispoñible na app store e en google play. Tamén podes enviar un email a secretariatecnica@iapo.es ou chamar ao 680322350.

Deixa un comentario

TurismoCee