Convocatoria de becas de comedor escolar curso 2017/2018

O Concello de Cee ven de convocar, a través do BOP, a convocatoria de becas de comedor escolar para o presente curso 2017/2018.

Estas becas, promovidas pola Concellería de Presidencia, Benestar, Igualdade e Emprego, enmárcanse no ámbito das prestacións de servizos sociais sendo o seu principal obxectivo contribuir a paliar os gastos que xera nas familias residentes no Concello de Cee en situación de vulnerabilidade, o pagamento de gastos de comedor escolar nos cursos de primaria e ESO, mediante o abono de todos ou parte dos gastos de comedor escolar.

Quedan excluídos os alumnos de centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que impartan os niveis de ensino obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil, que se poidan beneficiar da subvención ou gratuidade do mesmo ao abeiro do Decreto 10/2007 do 25 de Xaneiro polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e demais normativa de desenvolvemento.

 

Podes consultar aquí as bases da convocatoria, onde encontrarás os requisitos esixidos, documentación necesaria para a presentación da solicitude, etc:

Tamén podes consultar o documento do BOP:

 

O prazo de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP.

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as bases da convocatoria.

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado polo Concello, dentro do prazo establecido no rexistro municipal do Concello de Cee, en horario de luns a venres de 9:00h a 13:30h. Ademais, poderán presentar a través de calquera medio contido na Lei 39/2015 de 1 de outubro e demais normativa de desenvolvemento. No caso de presentacións de solicitudes por correo ordinario, o/a solicitante terá que comunicalo dentro do prazo establecido, vía fax ao rexistro municipal do Concello de Cee (fax: 981746757).

Impreso SOLICITUDE:

Impreso autorización de débeda:

 

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee