Curso “Uso de smartphone para maiores”

¿Sabes utilizar o teu smartphone? ¿Sacaslle todo o partido que che gustaría? O Concello de Cee organiza un novo curso para que poidas aprender a manexarte con teu teléfono intelixente dunha vez por todas.

A Concellería de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade organiza, a través do Centro Social, o curso “Uso de smartphone para maiores”.

Será un curso de 8h de duración que empezará o vindeiro 3 de maio. Terá lugar os xoves de 16:30 a 18:30h. Para asistir é preciso dispoñer de smartphone propio e tener nocións básicas do seu manexo. As prazas son limitadas.

Podes inscribirte no Centro Social de Cee.

Deixa un comentario

TurismoCee