Familias numerosas: axudas económicas para estadías en estacións de montaña

Facebooktwittergoogle_plusmail

A Xunta de Galicia ven de convocar axudas para que as familias numerosas poidan disfrutar de estadías de fin de semana nas estacións de montaña da Comunidade.

A Xunta de Galicia dende a Consellería de Política Social, atribúe á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como a
promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

A Xunta de Galicia considera conveniente incentivar o turismo de montaña para as familias numerosas como unha medida de apoio social e de fomento das actividades de lecer.

OBXECTO

Mediante esta orde, convócase para o ano 2018 a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O outorgamento das axudas a que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir
do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Consulta as bases aquí

Deixa un comentario