Melloras das infrastructuras e o equipamento da Escola Infantil Municipal

A Escola Infantil Municipal de Cee ven de mellorar notablemente as súas infrastructuras e equipamento como resultado da concesión da axuda para a mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís.

Ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais convocadas para o ano 2017, a Escola Infantil Municipal de Cee puido mellorar as súas infrastructuras e equipamento.

Este proxecto foi cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. E nel se incluiron os seguintes procedementos:

  • Mellora das infrasturas do centro con, entre outros, a incorporación de rego automático y dun resgardo no porche de acceso á gardería.
  • Adquisición de equipamento novo como mobiliario e material didáctico e de xogo.
  • Dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

Deixa un comentario

TurismoCee