Programa de turismo social para maiores do IMSERSO 2017-2018

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xa está aberta a primeira fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018. As datas comprenden do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.

Solicitantes

Poderán solicitalo todas aquelas persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos

de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou

superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma

habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do

fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

 

Modalidades

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:

  • Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e  Murcia.
  • Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
  • Turismo de Interior, coas seguentes actividades:
  1. Circuitos Culturais.
  2. Turismo de Natureza.
  3. Viaxes a Capitais de Provincia.
  4. Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

 

Servizos incluídos

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen

os servizos médicos e programa de animación.

As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

 

Prezos por persoa das diferentes quendas

 

Podes acceder aos prezos pinchando aquí.

  •  Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
  • Turismo de natureza: Realizaranse en quendas en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

ENLACES

Solicitude:

https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSO2017_18_solicitude.pdf

Folleto:

https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSOfolleto.pdf

Prezos:

https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSOprezos20172018.pdf

Instrucción 2017-2018:

https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/TurismoIMSERSOInstrucion201718.pdf

Deixa un comentario