I Semana do Alzheimer de AFAFeS en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

Con motivo da I Semana do Alzheimer no Concello de Cee, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Fisterra e Soneira levará a cabo unha serie de actividades que buscan a concienciación da poboación fronte a esta enfermidade.

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFeS) ten como misión principal impulsar a atención integral e especializada das persoas con demencia mediante a planificación, organización e coordinación de programas e servizos de apoio a través da atención das súas necesidades e das súas familias.

Galicia é a segunda comunidade con maior índice de envellecemento da poboación. Hai 118 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16.

I SEMANA DO ALZHEIMER DE AFAFeS

Do luns 17 ata o domingo 23 de setembro, AFAFeS achegará o Alzheimer a todas as personas da Costa da Morte a través de diversas actividades e mesas informativas colocadas por todos os recunchos da comarca.

Luns 17

10:00 -Mesa informativa no centro de saúde de Fisterra

16:00 -Mesa Informativa Hospital Virxe da Xunqueira

19:30 – Inauguración da Semana do Alzheimer coa presencia de Ramón Vigo, alcalde de Cee, e Charla Inaugural a cargo de Francisco Ortega Ruibal, Psiquiatra do Hospital Virxe da Xunqueira.

Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Cee.

Martes 18

10:00 – Mesa informativa no centro de saúde de Muxía.

16:00- Mesa Informativa Hospital Virxe da Xunqueira Inauguración Exposición Fotográfica de Marcos Rodríguez: Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio.

Centro Comercial Finisterrae.

Mércores 19

10:00 – Mesa informativa no centro de saúde de Cee

16:00 – Mesa Informativa Hospital Virxe da Xunqueira.

19:30 – Concerto Música Tradicional no auditorio Baldomero Cores.

Casa da Cultura de Cee.

Xoves 20

10:00 – Mesa informativa no centro de saúde de Vimianzo.

16:00 – I Xornada Interxeneracional.

Praza da Muller de Cee.

Venres 21

10:00 – Mesa informativa no centro de saúde de Camariñas.

19:00 – Visualización da Película “¿Y tu quién eres?”. Contaremos coa presenza de Monti Castiñeiras, coprotagonista do filme.

Sábado 22

10:00 I Andaina Solidaria pola Memoria. Coordinada polo equipo deportivo DaFit.

O importa recadado será totalmente para a asociación.  O precio é de  8€(Seguro incluido) a ingresar na seguinte conta:
AFAFES
ES89 2100 5460 3202 0012 2624
Concepto: nome, apellidos,número telefono e DNI

Inscripción e máis info no 681 396 204.

Domingo 23

12:00 Misa a favor dos falecidos por Alzhéimer e outras demencias, Igrexa Virxe da Xunqueira.

AFAFeS ten os seguintes fins, os cales aparecen recollidos nos seus estatutos:

❖ Promover as actuacións e programas destinados a mellorar a situación das familias e unha mellor atención aos/ as enfermos/ as de Alzheimer e outras demencias.

❖ Representar e ser portavoz do conxunto de familiares, así como dos/ as enfermos/ as de Alzhéimer e outras demencias para a defensa dos seus dereitos.

❖ Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestrutura de apoio ás familias e dunha atención continuada, integral e interdisciplinar para os/ as enfermos/ as, así como a creación de centros específicos para a atención destes/ as enfermos/ as.

❖ Reclamar ás autoridades e organismos públicos pertinentes partidas orzamentarias para a investigación.

❖ Proporcionar e difundir nos medios de comunicación todo o que faga referencia ao posible diagnóstico da enfermidade e terapia.

❖ Desenvolver actividades de sensibilización social respecto da problemática que estas enfermidades provocan. ❖ Desenvolver actividades de formación para familiares, profesionais e público en xeral.

❖ Manter os contactos necesarios con entidades e organizacións dedicadas ao estudo da enfermidade, dentro e fóra de España, co propósito de estar ao día nos avances científicos que se producen nesta materia e así poder informar os familiares dos/ as enfermos/ as.

❖ Todas as actividades que desenvolva a mesma, así como as dos seus órganos directivos e os membros, irán encamiñados ao servizo dos mencionados fins.

Para ser usuario/a do centro só é preciso acudir ao mesmo para unha entrevista informativa e posteriormente realizar unha valoración conxuntamente coa familia para adaptar as terapias a seguir, por iso é necesario:

❖ Ter un diagnóstico médico de algún tipo de demencia.

❖ Estar en fase inicial ou moderada do desenvolvemento da enfermidade.

❖ Non poseer ningún tipo de enfermidade infecto-contaxiosa.

❖ Non presentar brotes de agresividade.

❖ Presentar unha boa adaptación ao centro, a o s d e m á i s u s u a r i o s / a s e o desenvolvemento das actividades do centro.

❖ No caso de que haxa prazas dispoñibles poderían acudir ao centro outras persoas que non conten con un diagnóstico médico de demencia e que estean interesadas en participar nas actividades do mesmo para estimular as súas capacidades cognitivas e funcionais, así como previr o deterioro cognitivo.

Deixa un comentario