“Xuntos nos coidados”: curso de AFAFeS para coidadores en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

A asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Fisterra e Soneira organiza o curso formativo para coidadores de persoas con demencia ” Xuntos nos coidados” que se celebrará en Cee os días 25 e 26 de outubro.

“Xuntos nos coidados” é un curso formativo para coidadores de persoas cunha demencia que organiza a asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Fisterra e Soneira xunto con FAGAL e a Xunta de Galicia. Nel colabora tamén o Concello de Cee.

Este curso está destinado a todos aqueles coidadores de persoas con alzheimer e outras demencias que precisen saber máis sobre a enfermidade, os seus síntomas, posibles terapias non farmacolóxicas, a comunicación co enfermo, os coidados… Poden anotarse tamén todas aquelas persoas que precisen destes coñecementos.

A inscripción é gratuita e xa está aberta no teléfono de AFAFeS 681396204.

Todas as persoas que finalicen o curso con éxito terán un diploma acreditativo.

Deixa un comentario