Bando

Facebooktwittergoogle_plusmail

BANDO DE ALCALDÍA.

Recordatorio das obrigas en materia de prevención de incendios.

O Alcalde de Cee fai saber:

ANTES DE QUE REMATE O MES DE MAIO están obrigadas a xestionar a biomasa vexetal existente no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa (franxa de 50 metros perimetral ó solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ó redor de edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais e construccións illadas en solo rústico) incluida, no seu caso, a retirada de especies arbóreas (na devandita franxa de 50 metros tampouco poderá haber piñeiros, eucaliptos nin acacias), é dicir, a executar os traballos comúmente coñecidos como labores de “tala e roza”.

Polo exposto, chegado o remate do mes de maio, as persoas que INCUMPRAN A SÚA OBRIGA de xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas concederaselle para facelo un PRAZO MÁXIMO DE QUINCE DÍAS NATURAIS, ou de tres meses no caso das franxas laterais das vías de comunicación, contado desde a recepción da comunicación. A comunicación advertirá de que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido dito prazo, PROCEDERASE Á EXECUCIÓN SUBSIDIARIA con repercusión dos custes de xestión da biomasa e, no seu caso, decomiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda.

ADVERTIR que para o caso de que as ditas obrigas no sean atendidas dentro do prazo, a Lei prevé SANCIÓNS ATA OS 100.000 EUROS e que poden chegar incluso ata 1.000.000 de euros para os supostos de extrema gravedade. Todo isto sen prexuizo da posible responsabilidade civil ou penal dos incumplidores en caso de danos.

É RESPONSABILIDADE DE TODOS EVITAR OS INCENDIOS FORESTAIS.

Deixa un comentario