Información sobre a praga la polilla guatemalteca da pataca (tecia solanivora)

En base ás detección que se fixeron no ano 2015 de polilla guatemalteca no territorio galego, a Xunta de Galicia ven de facer unhas recomendacións para o cultivo da pataca que se deberán aplicar tamén en zonas como a de Cee que NON É ZONA DEMARCADA. É dicir, non é unha zona na que se detectara a praga aínda que se deben gardar medidas de prevención.

Distribución

Orixinaria de Guatemala onde se descubriu por primeira vez, foise estendendo por todo Centroamérica (Costa Rica, Panamá, Honduras, Nicaragua, O Salvador) e, porteriormente, a Amética do Sur, afectando aos países de Venezuela, Colombia e Ecuador.

A nivel europeo, destectouse en Canarias no ano 1999, concretamente en Tenerife e, posteriormente, en Gran Canaria e A Palma no 2002.

En 2015 detectouse por primeira vez en Galicia.

Hospedantes

Desenvólvese exclusivamente sobre tubérculos de pataca (solanum tuberosum).

Bioloxía e descrición

Ao igual que todas as polillas é de hábitos nocturnos. O ciclo comeza coa posta de ovos nos tubérculos ou próximos a eles, en número 200-50 ovos. O período de incubación pode durar entre 5-15 días en función da temperatura.

Despois da eclosión, a larva, de 1´5mm e de cor branco cremoso, penetra no tubérculo e desenvólvese no seu interior, sendo ésta a responsable dos danos, que se caracteriza pola perda de peso e calidade dos tubérculos. Ao final do período larval, que dura entre 5 e 29 días, a larva abandona o tubérculo cun tamañp de 16mm e cor verdosa para posteriormente tornase rosada.

Unha vez fora do tubérculo deixa de alimentarse e forma un capullo de seda xunto con partículas de diferentes materiarias, en cuxo interior pupa. Esta fase pode realizala no solo, sacos, fendas no solo ou paredes. Tamén pode pupar no interior do tubérculo. A duración desta fase é duns 10-20 días.

A polilla pode completar o ciclo biolóxico entre 41- 95 días, en función da tempertatura. Cabe destacar da súa bioloxía que:

  • A temperaturas máis altas, maior número de xeracións pero maior porcentaxe de mortalidad.
  • A temperatura mínima de desenvolvemento é 7-9ºC.
  • As temperaturas por debaixo de 10ºC e presenza de chuvias son un factor limitante para o desenvolvemento.

Zonas demarcadas

En base ás deteccións que se produciron durante o ano 2015 e as que poidan producirse en campañas posteriores, a Consellería de Medio Rural e do Mar publicará unha resolución na que se especificarán as Zonas Demarcadas nas cales deberán aplicarse as medidas de erradicación e control establecidas.

Medidas OBRIGATORIAS a adoptar polos agricultores nas zonas demarcadas
  1. Colocación de trampas con feromona sexual para a captura masiva. Estas trampas colocaranse no solo a unha distancia mínima de 30m, preferiblemente, nos bordes dos cultivos e en número de 8 por ha.
  2. Utilizar semente libre de praga, certificada e con garantía sanitaria.
  3. Durante o cultivo, realizar tratamentos con materias activas autorizadas no Rexistro Oficial de Productos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Estas materias poderás consultar na páxina web do Ministerio en esta ligazón.
  4. Retirar do terreo e destruir os tubérculos danados, así como retirar os restos da colleita, co fin de romper o ciclo da praga durante o período de descanso.
  5. No caso de aparecer tubérculos infectados, proceder á súas destrución de forma segura, facer rotación de cultivos e non plantar nesa parcela durante dous anos consecutivos.
Medidas RECOMENDADAS a adoptar polos agricultores nas zonas demarcadas
  1. Preparar o terreo e desterrar, 15 días antes da plantación, os tubérculos afectados de campañas anteriores, recollelor e eliminalos.
  2. Na sementeira enterrar a unha profundidade mínima de 15cm, tapar ben a semente para colocar unha barreira de terra entre éstas e as larvas.
  3. Eliminar as plantas de colleitas anteriores que broten durante as primeiras etapas de cultivo.
  4. Aporcar por ambos lados e a unha altura mínima de 25-30cm.
  5. Facer rotación de cultivos.
Medidas OBRIGARORIAS en almacén
  1. Separar dentro do almacén os tubérculos de semente e de consumo.
  2. Colocar mallas tupidas, tipo malla anti insectos, sobre os tubérculos almacenados para evitar a entrada e saída da avelaíña.
  3. Desinfección do almacén, da maquinaria e das ferramentas de manipulación con produtos autorizados.
  4. Realizar unha selección dos tubérculos antes de ser almacenados, eliminando todos aqueles que presenten danos que poidasn ser causados pola praga, destruíndoos.
  5. Realizar un tratamento dos tubérculos en almacén con materias activas autorizadas no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
  6. Colocar trampas con fermona para a detección da praga. Os tubérculos non poderán comercializarse de obterse capturas.
  7. Os sacos baleirose outros embalaxes deberán almacenarse en compartimentos distintos e separados dos tubérculos.
Movemento dos tubérculos

Queda prohibida a saída das zonas demarcadas dos tubérculos producidos nestas zonas.

Deixa un comentario

TurismoCee