Manifestación en Santiago de Compostela. As nosas centrais non se venden

O vindeiro sábado, 8 de xullo, celebrarase unha manifestación en Santiago de Compostela convocada polo Comité de Empresa de Ferroatlántica en contra das pretensións da empresa de segregar a súa actividade na comarca e vender as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande.

Os alcaldes da comarca reuníronse esta mañá en Cee para apoiar aos traballadores de Ferroatlántica e facer un chamamento aos veciños para que participen na manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela.

Na rolda de prensa falouse da necesidade desta manifestación tras o non resposta por parte da Xunta de Galicia ante as pretensións da empresa. En principio, en xuño debían ter feito o informe xurídico no que basar a súa posición fronte a petición de Ferroatlántica de segregación das actividades e posterior venda das centrais. Ante esto, os alcaldes fan un chamamento á unidade dos veciños, sumándose así á unión de comité e alcaldes.

Todos os concellos participantes porán autobuses a disposición dos veciños que queiran acudir a Santiago para o que se deberá anotar antes nos propios concellos. O Comité de empresa fará o propio con máis autobuses que, no seu caso, sairán do Porto de Brens, fronte á propia fábrica de Ferroatlántica.

O Concello de Cee disporá tamén de autobuses para os veciños que sairán da Casa do Concello o sábado, 8 de xullo, ás 10h da maña. Previamente, haberá que anotarse nas oficinas do concello para poder ter calculado o número necesario de autobuses.

Por outro lado, os traballadores e membros do Comité, acudirán a esta mesma cita andando. O seu recorrido comezará mañá, 5 de xullo ás 8 de mañá, tamén na Casa do Concello de Cee, e percorrerán o camiño a Santiago a pé en varias etapas.

Deixa un comentario

TurismoCee