Localización

Cee é o centro administrativo e de servicios da Comarca de Fisterra, dentro da zona coñecida como Costa da Morte, e apenas a 1 hora en coche de Santiago de Compostela ou A Coruña.

A carón do Océano Atlántico, e moi preto da terra dos romanos, atópase a vila de Cee, centro neurálxico de servicios na Costa da Morte. Situada a 94 kilómetros da cidade de A Coruña e a 74 de Santiago de Compostela, Cee é un centro de referencia na zona centro-oeste da provincia coruñesa.

Somos parte dunha comarca sen realidade administrativa coñecida como A Costa da Morte.

O territorio do Concello de Cee asómase ao mar por 3 fragmentos de costa: a ría de Lires no Noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrá, e desde o mesmo Cee ata a enseada do Ézaro.

O municipio ten unha superficie de 54.2 km2 nos que viven algo máis de 7500 habitantes distribuídos en 6 parroquias: A Ameixenda, Brens, Cee, Lires, A Pereiriña e Toba.

Como chegar

A forma máis cómoda de chegar até Cee é dende Santiago —a capital de Galicia— ou dende A Coruña —capital de provincia—. Ambas cidades contan con aeroporto que as conecta con varias cidades españolas e europeas.