Brens

Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 1065 habitantes repartidos en seis entidades de poboación: Berroxe, Camiños Chans, Fadibón, A Grixa, Pontella e Raso.

Esta parroquia sufriu unha profunda transformación nos últimos cen anos coincidindo co asentamento dunha fábrica, primeiro de carburo de calcio, hoxe de ferroaleacións, unha das empresas punteiras no seu sector. Está prevista a ampliación do peirao de Brens que pasará a ser, por capacidade, un dos máis importantes de Galicia. Na actualidade, este peirao xa acolle a un dos máis modernos buques de salvamento marítimo, o “Don Inda”.

Finalmente, lembrar que dentro do patrimonio artístico desta parroquia contamos coa Igrexa de Santa Eulalia, de estilo barroco. Destaca no seu interior o retablo maior vinculado, pola súa decoración, cos afamados artistas composteláns Casas e Novoa e Simón Rodríguez.


As outras parroquias do concello de Cee:

A Ameixenda

A Ameixenda

Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 554 habitantes repartidos en cinco entidades de poboación: Caneliñas, Castelo do Príncipe, Gures, A Igrexa e Lamas.
A Pereiriña

A Pereiriña

Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 850 habitantes repartidos en trece entidades de poboación: Bedán, Bermún, Cantorna, Cávado, Chafarís, Codesos, Duei, Lobelos, Morancelle, A Pereira, San Xián, San Xosé e Vilanova.
Cee

Cee

A parroquia - Santuario Nosa Señora da Xunqueira, na que se enclava a capital e núcleo urbano do Concello, conta, segundo os datos do Padrón Municipal con 4255 habitantes repartidos en oito entidades de poboación: A Granxa, Escabanas, Lagarteira, Pallares, Raíces, O Son, Xallas (todas elas de carácter semi-urbano), e a vila de Cee.
Lires

Lires

Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 450 habitantes repartidos en sete entidades de poboación: Canosa, A Lagoa, Lires, Ponte Nova, Porcar, Ruibo e Tedín.
Toba

Toba

Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 677 habitantes repartidos en oito entidades de poboación: Bazarra, Carbaliza, Estorde, A Granxa, Guimareu, Sembra, Toba e O Vilar.
TurismoCee