Centro Social

Cee conta cun centro social de titularidade municipal para xubilados e pensionistas que leva funcionando ininterrumpidamente dende 1999. A finalizade desde lugar é, ademáis de facilitar un punto de encontro para os maiores, proporcionar unha opción diferente para desfrutar do tempo de lecer, realizando actividades do seu interese, creativas e facilitadoras dunha maior calidade de vida.

Obxectivos

  • Ser un lugar de encontro, esparcemento e comunicación das personas maiores.
  • Fomentar a realización de actividades de promoción da saúde, autonomía e lecer.
  • Facilitar ás persoas maiores acceso a máis servizos e actividades.
  • Establecer cauces de relación directos entre os usuarios, os responsables dos servizos e a administración local.
  • Empuxar a apertura do colectivo ao seu contorno social e persoal.
  • Atender a demanda dos usuarios e potenciar a existencia de novas demandas.

Actividades

O Centro Social de Cee realiza actividades para os usuarios durante todo o ano. Algunhas mantéñense durante todo o curso escolar, é dicir, de outubro a xuño. Outras, sen embargo, teñen un carácter máis puntual ou trimestral. Algunhas destas actividades son:

  • De ocio: bingo, excursións, xogos de mesa, bailes…
  • Físicas: ximnasia de mantemento, senderismo…
  • Culturais: teatro, coral e pandeireta, taller de pintura óleo, manualidades, exposicións…
  • Saudables: masaxes quiroprácticos, obradoiro de memoria…
  • Divulgativas: charlas e tertulias radiofónicas
  • Informática: iniciación a internet, uso de smartphone para maiores…

Ademáis, conta cun servizo de cafetería aberta de luns a sábados.

Información e trámites

Por outra banda, o Centro Social busca ser unha vía para informar e axudar aos usuarios nos seus trámites administrativos, entre outros:

  • Pensións non contributivas
  • Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
  • Vacacións e termalismo do Imserso e Xunta de Galicia
  • Valoración e revisión de minusvalías
  • Solicitudes para o programa “Xuntos polo Nadal”
  • Bono social eléctrico
  • Dependencia

Horarios

Luns, sábados e domingos*: 15:45 a 20:00h

* Sen servicio de caferería.

Martes a Venres: 10:00 a 13:00 e de 15:45 a 20:00h

Contacto

Se queres poñerte en contacto co Centro Social podes facelo a través do correo electrónico maria.toba@cee.gal ou no teléfono 981 74 76 54.

Sigue ao Centro Social en Facebook
TurismoCee