Cee adicará unha rúa a José Manuel Otero Lastres

Facebooktwittergoogle_plusmail

O vindeiro venres, día 14 de xullo, terá lugar o acto que fará oficial a adicatoria dunha rúa a don José Manuel Otero Lastres no Concello de Cee.

José Manuel Otero Lastres

José Manuel Otero Lastres é ceense. Naceu en Cee, alá polo ano 1947. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de Licenciatura. Ten un gran nome dentro do mundo da xudicatura. Foi catedrático en diferentes Universidades como León, Alcalá de Henares ou Santiago de Compostela. É escritor de novelas de éxito, como “La niña de gris”, “El campo de Bucéfalo” ou “Sombras de Ningurán”. Tamén é membro da Xunta Directiva do Real Madrid. É profesor e deu clase a persoeiros como Zapatero e Rajoy. Tamén é socio director dun prestixioso despacho de avogados ubicado en Madrid e merecedor de grandes premios. Pero, sobre todo, é ceense.

Ceense ilustre

Por iso, por levar o nome da súa vila alá por onde foi, un grupo de veciños propuxo que unha rúa de Cee levara o seu nome. E así será. O pleno do Concello de Cee, con ampla maioría, aprobou a proposta e este venres, 15 de xullo de 2017, será realidade. A partires dese momento, a rúa ubicada no extremo da praza da Constitución, ao carón da antiga Casa do Concello, será a rúa Otero Lastres.

Descubrimento da placa

O acto terá lugar ás 17:30h, nesa mesma ubicación. Nel participarán a concelleira de Cultura, dona Camola Díaz Freire, que abrirá a celebración e o porterior descubrimento da placa. Tras ela, será o exalcalde da Coruña, don Francisco Vázquez Vázquez quen tome o turno de palabra. Don José Manuel Otero Lastres tamén dedicará unhas palabras aos presentes e, finalmente, don Ramón Vigo, alcalde de Cee, pechará o acto de homenxe.

Deixa un comentario