Comezan as Andainas “Coñece a Costa da Morte”

Un ano máis comezan as Andainas “Coñece a Costa da Morte”. Esta 5ª edición está novamente organizada polos Departamentos de Deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. As andainas supoñen a excusa perfecta para coñocer novos e fermosos paraxes da Costa da Morte mentres se practica deporte e se disfruta da natureza.

Calendario

1 de abril Dumbría: Olveiroa, río e pedra (lineal).

8 de abril Cee: Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal).

22 de abril Ponteceso: Pazos e río Anllóns (lineal).

6 de maio Camariñas: De costa a costa (circular).

13 de maio Muxía: Ponte Constante-Caldeiras do Castro (lineal).

20 de maio Corcubión & Fisterra: De faro a faro polo Camiño de Santiago (lineal).

03 de xuño Vimianzo: Os muíños de Cambeda (circular).

10 de xuño Mazaricos: Ruta da Pontenoca (circular).

Distancias e horarios

  • As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros.
  • A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno.
  • As andainas comezarán ás 10:00 am e rematarán entre as 13:00 e as 14:00 pm, dependendo do traxecto.

Inscrición

  • Para participar no prgrama de andainas debes inscribirte no teu concello.
  • No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.
  • Poderán participar nenos a partir dos 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización.
  • O prazo de incrición rematará o xoves previo á realización da actividade.
  • Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidente.

Buses

  • Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. en caso contrario os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida.

En Cee, a inscrición debe realizarse no Servizo de deportes do Concello de Cee ou ben a través do seu teléfono 981745100 (ext. 3), no correo electrónico deportes@concellocee.es ou por whatsapp no 687690982.

 

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee