Cruz Vermella terá sede en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Concello de Cee ven de firmar un convenio coa Curz Vermella no que cede os locais sitos nos baixos da Casa do Concello.

Esta mañá, o alcalde de Cee, Ramón Vigo, e a Presidenta Provincial de Cruz Vermella, Mercedes Casanova, asinaron a formalización da adxudicación á Curz Vermella Española da concesión do uso privativo da plata baixa da Casa do Concello de Cee por un período de 20 anos máis 5 prorrogables.

Tanto o alcalde de Cee como a presidenta de Cruz Vermella falaron da satisfacción que lles supoñía esta sinatura tras moitos anos de conversas e contactos que, finalmente, se concretou hoxe neste acto.

A Cruz Vermella levará a cabo funcións auxiliares do Concello de Cee para “facer máis doada a vida das personas”, en palabras de Casanova. Aínda que estas actividades están por confirmar, a instalación da Cruz Vermella en Cee supón un “achegamento a toda a poboación da Costa da Morte, aproveitando que Cee funciona como centro de servizos”, segundo Ramón Vigo.

 

 

Deixa un comentario