Paraugada de cores de ASPADEX e APEM

Paraugada de cores no Día Internacional das Persoas con Discapacidade de ASPADEX e APEM. Luns, 3 de decembro ás 12h na Praza 8 de Marzo (en caso de choiva, Casa da Cultura de Cee).

O próximo luns, día 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ASPADEX e APEM únense un ano máis para levar a cabo unha paraguada de cores coa finalidade de representar unha sociedade plural e diversa que acolle a todos/as por igual.

O acto terá lugar na Praza 8 de marzo en Cee (en caso de choiva será na Casa de Cultura), realizándose de forma simultánea con outras provincias galegas.

Ó acto poderán asistir todas as persoas que o desexen, terán que levar un paraugas que simbolice a unión do colectivo das persoas con discapacidade, que teñen unhas reivindicacións e necesidade comúns.

 

Deixa un comentario

TurismoCee