Manifestación en Santiago de Compostela. As nosas centrais non se venden

O vindeiro sábado, 8 de xullo, celebrarase unha manifestación en Santiago de Compostela convocada polo Comité de Empresa de Ferroatlántica en contra das pretensións da empresa de segregar a súa actividade na comarca e vender as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande.

Ler máis / Leer más…

Declaración institucional da Corporación do Concello de Cee

Declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno extraordinario do día 16 de maio de 2017 convocado ante a solicitude da empresa Ferroatlántica ante a Xunta de Galicia para a segregación das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande das fábricas de Cee e Dumbría.

Ler máis / Leer más…

Reapertura das comunicacións e autorizacións de queima

A Subdirección xeral de prevención e defensa contra os Incendios forestais informa da reapertura das comunicacións e autorizacións de queima para mañá, martes 9 de maio de 2017 ás 00:00 hs.

 

A data para realizar unha comunicación de queima comezará, como de costume, dous días despois da comunicación. Polo tanto, o primeiro día hábil para executar unha comunicación de queima será o día xoves 11 de maio de 2017.

Ler máis / Leer más…