Casa de Lastres

A súa data de construción aproximada é 1910. É unha casa de catro alturas na planta baixa hoxe en día hai un local comercial, na primeira planta conta con balcóns de lousa granitica con varanda de ferro forxado. e na segunda e terceira con galerías. Destacan os azulexos con motivos florais que decoran a fachada. Está situada moi preto da Igrexa de Santa María da Xunqueira.

Debe o seu nome aos anteriores propietarios, tamén coñecida como Casa dos Concheiros. Aquí viviu de neno José Manuel Otero Lastres, que tamén conta con unha praza no seu nome na vila. Jose Manuel foi xurista, escritor, membro do Tribunal de Contas e directivo do Real Madrid.