Casa Michinel

Casa datada no 1890. Similar a outras casas de galerías da Praza da Constitución. Ten unha cúpula na parte superior. A familia Michinel estivo relacionada co Colexio, Mariano Michinel Oto foi un dos administradores. Un fillo seu herdou o cargo de contable e a súa filla foi bibliotecaria. No ano 2022 a súa fachada foi remodelada conservando o seu aspecto tradicional.