O Concello de Cee publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de arquitecto/a municipal, mediante o sistema de concurso-oposición, para atender as necesidades de nomeamento de persoal funcionario interino na praza actualmente vacante.
A praza corresponde ao Grupo A, Subgrupo A1, nivel 24, cunha xornada a tempo parcial de 18,75 horas semanais.
🎯 Obxecto da convocatoria
O proceso ten por obxecto a selección dun/dunha arquitecto/a municipal como funcionario/a interino/a e a constitución dunha bolsa de emprego para atender futuras necesidades nos supostos previstos na normativa de emprego público.
🧾 Características da praza
- Praza: Arquitecto/a municipal
- Grupo/Subgrupo: A1
- Nivel: 24
- Xornada: parcial, 18,75 horas/semana
- Titulación: título oficial de Arquitecto/a ou título universitario oficial de Grao que habilite para o exercicio da profesión regulada de arquitecto/a
- Sistema de selección: concurso-oposición
- Modalidade: funcionario/a interino/a e constitución de bolsa de emprego
A titulación esixida e as condicións de acceso están recollidas nas bases da convocatoria.
📝 Proceso selectivo
O sistema de selección é o de concurso-oposición. A fase de concurso ten unha puntuación máxima de 10 puntos e valora formación específica, experiencia profesional e titulación académica complementaria.
A fase de oposición ten unha puntuación máxima de 20 puntos e inclúe unha proba de coñecementos de carácter obrigatorio e eliminatorio. As bases contemplan tamén unha proba de coñecemento da lingua galega para as persoas que non acrediten o CELGA IV ou equivalente.
📄 Bases da convocatoria
Bases reguladoras da convocatoria
Actualizado 16/09/2026
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e convocatoria da proba selectiva
O Concello de Cee aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo.
Foron admitidas tódolos aspirantes e non existen candidatos/as excluídos/as.
Así mesmo, ao ter acreditado todas as persoas admitidas o nivel de galego esixido, non procede a realización da proba de coñecemento da lingua galega.
📅 Proba da fase de oposición
As persoas aspirantes admitidas quedan convocadas para:
Martes, 22 de setembro de 2026
🕐 13:00 horas
📍 Terceira planta da Casa da Cultura de Cee
Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9 – Cee