Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da Festa de San Cristobal de Codesos (Aprazada do día 10 de xullo)

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da FESTA DE SAN CRISTOBAL (Aprazada da do día 10 de xullo).

1. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada Festa de San Cristóbal
(aprazada da do día 10 de xullo de 2024), que se vai celebrar no Lg. Codesos, da parroquia da Pereiriña, deste termo municipal, na noite do venres, 6 de decembro, ao sábado, 7 de decembro
de 2024, co cal, o horario máximo de finalización da verbena o día 7 de decembro será ás 06.30 horas.
2. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia da Pereiriña na noite do venres, 6 de decembro ao sábado, 7 de decembro de 2024.
3. Os devanditos establecementos deberán contar co título habilitante correspondente (licenza ou comunicación previa) para o exercicio da actividade.
4. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia.

Deja un comentario

TurismoCee