Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da PAPANOELADA DE NADAL

ANUNCIO

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da PAPANOELADA DE NADAL, no núcleo urbano de Cee, da parroquia de Cee.

1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa popular denominada PAPANOELADA DE NADAL, que se vai celebrar na Avda. Lino Rodríguez Madero (á altura do edificio de Facenda), de Cee, na noite do sábado, 23 de decembro ao domingo, 24 de decembro de 2023, co cal, o horario máximo de finalización da festa popular o domingo, 24 de decembro será ás 06.30 horas.

2º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) e de ocio e entretemento (epígrafe III.2.7, Orde do 23 de outubro de 2020) situados na parroquia de Cee, na noite do sábado, 23 de decembro ao domingo, 24 de decembro de 2023. A ampliación horaria queda supeditada a que os titulares dos establecementos dispoñan da correspondente licenza municipal de apertura ou teñan presentado no concello a comunicación previa de inicio da actividade con toda a documentación completa esixida polo procedemento.

Deja un comentario

TurismoCee