Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración das festas patronais de Pereiriña – Festa do porquiño ao espeto no lg. de San Xian.

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante as Festas Patronais da Pereiriña

1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbana popular “festas patronais da Pereiriña – festa do porquiño ao espeto” que se vai celebrar no Lg. San Xián, da parroquia da Pereiriña, deste termo municipal, na noite do sábado, 3 de xuño, ao domingo, 4 de xuño, co cal, o horario máximo de finalización da verbena o día 4 de xuño será ás 06.30 horas.

2º.Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia da Pereiriña na noite do sábado, 3 de xuño, ao domingo, 4 de xuño.

Deja un comentario

TurismoCee