Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a Festa de Corpus de Brens
1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada festa do Corpus de Brens, que se vai celebrar no Lg. A Grixa, da parroquia de Brens, deste termo municipal, na noite do venres, 9 de xuño, ao sábado, 10 de xuño, co cal, o horario máximo de finalización da verbena o día 10 de xuño será ás 06.30 horas.