Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público e de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da festa/verbena popular IX Festa do porquiño ao espeto no Lg. San Xián

Ampliación do horario con motivo da IX Festa do Porquiño ao Espeto de Pereiriña.

O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular da IX Festa do Porquiño ao Espeto de Pereiriña, organizada pola Asociación Cultural Xente da Tralla.

A ampliación permitirá prolongar en dúas horas o horario xeral establecido, de xeito que a verbena que se celebrará na noite do sábado 6 ao domingo 7 de xuño de 2026 no lugar de San Xián, parroquia de Pereiriña, poderá rematar ás 06:30 horas.

Así mesmo, autorízase tamén a ampliación do horario de peche dos establecementos de restauración da parroquia de Pereiriña durante esa mesma noite.

Esta medida adóptase ao abeiro da normativa autonómica vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, co obxectivo de apoiar as celebracións tradicionais e a actividade social e económica do municipio, garantindo en todo caso o cumprimento da normativa sobre contaminación acústica e demais disposicións legais.

Consulta íntegra da resolución 

Consulta íntegra da resolución

Deja un comentario