ANUNCIO.
Téndose aprobado provisionalmente, mediente resolución da Alcaldía, os padróns fiscais da taxa pola prestación de servicio de recollida do Lixo, Mantemento do Cemiterio Municipal e vados, correspondentes ao exercicio 2021, sométense a exposición pública os padróns fiscais referidos polo prazo dun mes, para os efectos da súa consulta e presentación de reclamacións polas persoas interesadas.
Rematado o periodo de exposición pública e ao non presentarse alegación algunha durante o prazo regulamentario por esta alcaldía ditouse, con data 1 de xuño de 2021, resolución de aprobación definitiva dos padróns fiscais da taxa de: Recollida do Lixo, Mantemento do Cemiterio Municipal e Vados, correspondentes ao exercicio do 2021, polos importes de 254.469,61 €, 9.240,00 € e 12.049,59 € respectivamente.
Cee, 1 de xuño de 2021
A Alcaldesa
Margarita Lamela Louzán