ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee, na sesión ordinaria realizada o día 29 de abril de 2022, acordou a aprobación inicial do suplemento de crédito n.º 3/2022. Expediente n.º 2022/T002/000014.
O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.
Durante o devandito prazo de información pública non se presentaron alegacions ou suxestións polo que se considera aprobado definitivamente o devandito acordo plenario e o expediente de suplemento de crédito n.º 3/2022 e, en consecuencia, destinar 117.000 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA |
IMPORTE |
CONCEPTO |
231/227.06 |
52.000 |
Traballos realizados por outras empresas ( SAF) |
162.1/227.00 |
65.000 |
Recollida selectiva de residuos |
TOTAL |
117.000 € |
|
Cee, 31 de maio de 2022.
Alcaldesa do Concello de Cee
Margarita Lamela Louzán