ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee na sesión ordinaria realizada o día 29 de abril de 2022, acordou a aprobación inicial do Suplemento de Crédito N.º 4/2022. Expediente N.º: 2022/T002/000015.
O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.
Durante o devandito prazo de información pública non se presentaron alegacions ou suxestións polo que se considera aprobado definitivamente o devandito acordo plenario e o expediente de suplemento de crédito nº 4/2022 e, en consecuencia, destinar 45.885,53 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA |
IMPORTE |
CONCEPTO |
153.2/619.00 |
35.462,83 |
Vías públicas, inversión. |
161/619.00 |
10.422,70 |
Abastecemento, inversión. |
TOTAL |
45.885,53€ |
|