ANUNCIO. Aprobación Inicial da Modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do ICIO

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL

O Pleno do Concello de Cee, en sesión ordinaria celebrada o 28 de maio de 2021, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Aprobación inicial da modificación da Ordenanza Municipal reguladora do ICIO do Concello de Cee, coa finalidade de agregar á redacción da ordenanza fiscal vixente, unha nova bonificación sobre da cota do imposto, en consecuencia establecer a seguinte bonificación:
“Construcciones, instalaciones u obras necesarias que se realicen en el local situado en la calle Magdalena nº38 (antigua guardería municipal de Cee) para los que se solicite la oportuna licencia de construcción, instalación u obra y mientras se realicen las obras necesarias para la adaptación de local para el centro de día.: 95%.”
SEGUNDO.- Proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, por un prazo de trinta días hábiles, durante os cales os interesados poden presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
TERCEIRO.- Concluído o período de información pública, se se presentaron reclamacións e/ou suxestións, deberán resolverse estas, incorporándose ao texto da Ordenanza as modificacións derivadas da resolución das alegacións, no caso de que non se presenten reclamacións en relación coa aprobación inicial da Ordenanza no prazo de información pública, entenderase definitivamente adoptado o Acordo ata entón provisional.
CUARTO.- O Acordo de aprobación definitiva [expresa ou tácita] da Ordenanza, co texto íntegro da mesma, debe publicarse para o seu xeral coñecemento no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia, tal e como dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello.

Cee, 31 de maio de 2021
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.

Prazo de presentación de alegacións

Dende o 07/06/2021 ata o 19/07/2021

Máis información:

Aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do ICIO

Deja un comentario

TurismoCee