Anuncio Aprobación Inicial
O Pleno do Concello de Cee, en sesión celebrada o 28 de maio de 2021, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO: Dotar as partidas de crédito suficiente para sufragar a realización do gasto, mediante a correspondiente modificación orzamentaria, dentro do orzamento para o 2020 prorrogado para 2021 (baixo a modalidade de transferencia de crédito, minorándose as partidas incluídas na ficha anexa), por un importe de 43.264,65€.
SEGUNDO: Este importe se destinará a facer fronte aos gastos que ocasionará o outorgamento dunha subvención nominativa a favor de AFAFES para a adecuación das instalacións ao centro de día e a realización da obra de Renovación das canalizacións de saneamento na Aveninda Fernando Blanco, entre a rúa da Escola e O cruce coa Avenida Lino Rodríguez Madero.
FICHA DE TRANSFERENCIAS PROPOSTAS – EXPEDIENTE 02/2021
PARTIDA | IMPORTE | PARTIDA | IMPORTE |
DISMINUC | DISMINUC | AUMENTO | AUMENTO |
920/160.00 | 33.264,65 € | 151/619.21 | 33.264,65 |
920/480.00 | 2.810 € | ||
330/481.00 | 5.630 € | ||
231/489.00 | 1.560 € | 231/780 | 10.000 € |
TOTAL | 43.264,65 € |
O dito expediente sométese ao trámite de información pública polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os interesados poderán presentar reclamacións ou suxestións, de acordo co sinalado no artigo 169.1 e 177 do RDL 2/2004.
Se houbese reclamacións serán resoltas polo Pleno no prazo dun mes, en caso contrario entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional.
En Cee, o 31 de maio de 2021.
Alcaldesa do Concello de Cee
Margarita Lamela Louzán
Prazo de alegacións:
Dende o 08/06/2021 ata o 29/06/2021