Aprobación definitiva do Expediente de Transferencia de Crédito nº. 2/2021

Anuncio Aprobación Definitiva

O Pleno do Concello de Cee, en sesión celebrada o 28 de maio de 2021, adoptou o acordo de aprobación inicial da transferencia de crédito 2/2021, que se indica:

PRIMEIRO: Dotar as partidas de crédito suficiente para sufragar a realización do gasto, mediante a correspondiente modificación orzamentaria, dentro do orzamento para o 2020 prorrogado para 2021 (baixo a modalidade de transferencia de crédito, minorándose as partidas incluídas na ficha anexa), por un importe de 43.264,65€.

SEGUNDO: Este importe se destinará a facer fronte aos gastos que ocasionará o outorgamento dunha subvención nominativa a favor de AFAFES para a adecuación das instalacións ao centro de día e a realización da obra de Renovación das canalizacións de saneamento na Aveninda Fernando Blanco, entre a rúa da Escola e O cruce coa Avenida Lino Rodríguez Madero.

FICHA DE TRANSFERENCIAS PROPOSTAS – EXPEDIENTE 02/2021

PARTIDA IMPORTE PARTIDA  IMPORTE
DISMINUC DISMINUC AUMENTO AUMENTO
920/160.00 33.264,65 € 151/619.21 33.264,65
920/480.00 2.810 €
330/481.00 5.630 €
231/489.00 1.560 € 231/780 10.000 €
TOTAL 43.264,65 €

 

O dito expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº. 105, do 7 de xuño de 2021), para os efectos da presentación de reclamacións ou suxestións, de acordo co sinalado no artigo 169.1 e 177 do RDL 2/2004, sen que durante o devandito prazo se presentasen alegacións, polo que se entende definitivamente adoptado o acordo de aprobación da transferencia de crédito 2/2021, ata este momento provisional.

En Cee, o 01 de xullo de 2021.

Alcaldesa do Concello de Cee

Margarita Lamela Louzán

Más información:

Aprobación Definitiva da Transferencia de Crédito 2/2021

Deja un comentario

TurismoCee