Bando. Animais de compañía

ASUNTO:

Ordenanza Municipal Reguladora da licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro, da sección local do rexistro de animais de compañía e das taxas pola prestación de tales servicios.

Margarita Lamela Louzán, alcaldesa do Concello Cee, FAGO SABER E VEÑO A LEMBRAR:

Que de conformidade coa ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LICENCIA POLA TENENCIA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS, DO SEU REXISTRO, DA SECCIÓN LOCAL DO REXISTRO DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA E DAS TAXAS POLA PRESTACIÓN DE TALES SERVICIOS, publicada definitivamente no BOP Nº 243 de 23 de outubro de 2002,aplicable dende o 6 de febreiro de 2020 na que se detalla no artigo 14.9

(…)

Queda prohibido deixa-las deposicións fecais dos cans nas vías públicas. Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos e depositalos ou ben en bolsas de lixo domiciliaria, ou ben naqueles lugares que a autoridade municipal destine expresamente a esta finalidade.

(…)

Así mesmo, advírtese que a non suxeición o establecido na Ordenanza leva consigo a imposición das infraccións e sancións establecidas nos artigos 15 e 16 da mesma.

Asinado dixitalmente ao marxe.

Alcaldesa do Concello de Cee.

Margarita Lamela Louzán.

 

Ditase á presente en virtude da facultade atribuída no artigo 21.1.e)e r) da LBRL

BANDO. Animais de compañía

Deja un comentario

TurismoCee