BANDO. Consulta censo electoral Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024

Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia

BANDO

Faise público que o Censo Electoral Vixente para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o día 18 de febreiro de 2024, poderá consultarse nas oficinas municipais do 2 ao 8 de xaneiro, de 9.00 a 13.30 h, para os efectos de presentación de reclamacións.

Recoméndase a consulta particularmente polas persoas que fixeron recentamente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.

O censo pode consultarse do 1 ao 8 de xaneiro, no teléfono da delegación provincial da oficina do Censo electoral 900.343.232 / 981.217.439, e con autenticación sistema Cl@ve, no enderezo web https://sede.ine.gob.es/ce-internet1/?l a ng = es

Así mesmo, durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse no concello e tamén na sede electrónica do INE:

https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion?lang=es_ES

A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán

BANDO. Consulta Censo Electoral Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024

BANDO. Consulta Censo Electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024

Deja un comentario

TurismoCee