BANDO. Coronavirus

BANDO. Coronavirus

Polo presente, comunícase a toda veciñanza do Concello de Cee que, ante a crise sanitaria provocada polo virus COVID-19 (Coronavirus) e en cumprimento das medidas anunciadas polo Presidente da Xunta de Galicia en Rolda de Prensa na mañá de hoxe 12 de marzo de 2020, adóptanse as seguintes MEDIDAS e fanse as seguintes RECOMENDACIÓNS, por un período inicial de 15 dias, dende o día 13 ata o 27 de marzo de 2020* e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes:

– Suspensión a partir de hoxe xoves 12 de marzo de 2020 de tódalas actividades deportivas, culturais, de lecer, e de servizos sociais de naturaleza municipal.
– Peche das seguintes instalacións municipais:
* Parque infantil da Praza da Constitución.
* Biblioteca municipal e centros de lectura de Brens e Ameixenda.
* Centro social e as súas actividades.
* Piscina municipal.
* Salón de actos do concello
* Instalacións deportivas municipais.
* Escola de teatro.
* Eventos socioculturais e deportivos.
* Mercado dominical.
– Peche, a partir do luns 16 de marzo de 2020, das seguintes instalacións municipais:
* Escoliña infantil (gardería)
* Escola de música.
– A atención ao público nas dependencias municipais limitaranse exclusivamente a casos de extrema urxencia e imperiosa necesidade, polo que se insta á veciñanza que os trámites que se teñan que realizar sexan por vía telemática na sede electrónica do Concello:
https://sede.cee.gal ou ben telefónica, no teléfono 981 745100.
– Recoméndase á veciñanza que, de non ter acceso a xel alcólico para a limpeza das mans, as lave con auga quente e xabrón.
– Recoméndase non realizar visitas nin a residencias de maiores, nin hospitais, a excepción de casos de extrema necesidade.
– E convinte evitar viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibeis.
– Recoméndase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellaría de Sanidade, en caso de ter algún síntoma
contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.
– Recoméndase que se eviten a propagación de “bulos” ou informacións non contrastadas por redes sociais.
– Recoméndase que non haxa depósitos masivos de alimentos nas casas dado que segundo se traslada dende a Xunta de Galicia están garantidos os subministros.
– Recoméndase ás asociación e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante os vindeiros 15 días.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Asinado dixitalmente ao marxe.
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán

BANDO. Coronavirus

BANDO. Coronavirus

1 comentario en «BANDO. Coronavirus»

Deja un comentario

TurismoCee