BANDO. Lumaradas de San Xoan 2023

LUMARADAS DE SAN XOAN 2023

INSTRUCIÓNS DE SOLICITUDE E NORMAS DE SEGURIDADE.

  • Para a celebración das Cacharelas/Sardiñadas as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude correspondente.
    No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos deberán achegar á solicitude un mapa do lugar exacto onde celebrarán a fogueira.
  • As solicitudes deberán ser presentadas: Ata o día 15 de xuño do 2023.
    Por algunha das seguintes vías:
    -PREFERENTEMENTE: Rexistro telemático, a través da sede electrónica do Concello de Cee. https://sede.concellodecee.gal.
    -Rexistro Xeral do Concello en Cee, de 09:00 á 13:30 horas.
  • Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer os seguintes números de teléfono para comunicar incidencias de ser o caso:
    POLICÍA LOCAL: 610 56 41 68
    EMERXENCIAS:112
  • Zona urbana.- O volume de combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro, e 6 metros de perímetro, nin os 2 de altura.
    Zona rural.- O volume do combustible da cacharela non excederá os 3 metros de diámetro, ou 9 metros de perímetro, nin os 3 metros de altura.
  • A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, agás no casco urbano.
    Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos
    inflamables, nin vehículos, nin preto de masas arbóreas ou zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
  • Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
  • En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.
  • No suposto de que a cacharela/sardiñada se faga sobre terreos de uso públicos enlousados, os organizadores encargaranse, pola súa conta, de protexer o pavimento
    cunha capa de area de 10 cm.
  • A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as
    cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixiancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.
  • Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de
    rematar a cacharela e/ou sardiñada.
  • A hora límite para rematar a celebración será de acordo co disposto no artigo 5.f da Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de
    Galicia e co horario establecido pola Xunta de Galicia na Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao
    público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
    Haberán de cumprirse ademais, as normativas sectoriais de ruído, lumes, horarios, etc.
  • É obrigatorio cumprir o establecido na Lei 11/2010 de 17 de decembro, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
  • O desenvolvemento de celebración das cacharelas e sardiñadas cumprirá estas normas e as Ordenanzas municipais.

Asinado dixitalmente.

Alcaldesa do Concello de Cee.

Margarita Lamela Louzán.

Consulta íntegra do Bando Municipal

Consulta íntegra do BANDO Municipal

Deja un comentario

TurismoCee